Actualidade científica.

Blog de Sara Outeiral Tubío adicado á materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


Deja un comentario

Un top 5 das especies máis asombrosas do 2014.

1Las diez especies más asombrosas de 2014 A especie con aspecto de seta Dendrogramma enigmatica.

2Las diez especies más asombrosas de 2014 O peixe Torquigener albomaculosus.

3Las diez especies más asombrosas de 2014 O insecto palo xigante Phryganistria tamdaoensis.

4Las diez especies más asombrosas de 2014 Rana que da a luz aos renacuajos Limnonectes larvaepartus.

5Las diez especies más asombrosas de 2014 A babosa de mar Phyllodesmium acanthorhinum.

Anuncio publicitario


Deja un comentario

Consiguen devolver a memoria a ratos con amnesia.

Un esquema del procedimiento seguido

Ate o de agora, devolver a memoria a persoas con alzhéimer era un reto que parecía imposible de conseguir, pero según un novo estudo na revista Science, todo parece estar máis cerca.

A neurociencia é a encargada de intentar lograr este novo reto: recurriuse a unha técnica recente denominada optoxenética, que permite activar e desactivar a voluntade mediante luz grupos de neuronas, neste caso, as que se encargan de »gardar» recordos.

O premio Nobel Tonegawa, decidiu demostrar que cando menos en roedores con amnesia, os recordos non desaparecen, simplemente permanecen dormidos. Aquí un enlace ao experimento.


Deja un comentario

Os supermercados franceses non poderán tirar alimentos ao lixo.

Para reducir a metade de despilfarro de alimentos para o ano 2025, o goberno frances co apoio unánime da Asamblea Nacional, fai unha enmenda á Ley de Transición Enerxética a partir de xullo do próximo ano.

Nesta, os supermercados de máis de 400 metros cuadrados non poderán tirar ao lixo productos perecedeiros, senón que os deberán donar a empresas destinadas á alimentación animal ou á fabricación de abonos agrícolas.

En total, desperdícianse 1300 millóns de toneladas ao ano de alimentos que producen 3300 toneladas de dióxido de carbono. Polo tanto, é unha boa iniciativa para mellor a situación do ambiente que nos rodea.


Deja un comentario

Terremoto en Nepal.

Foi un seísmo de magnitude 7,9 que se rexistrou ás 6:11 GMT (11:57 hora local) do 25 de abril. Tivo o seu hipocentro a unha profundidade de 15 km e o seu epicentro localizouse a 81 km ao noroeste de Katmandú, concretamente no distrito de Lamjung.

Provocou unha gran conmoción en toda a sociedade posto que a destrucción que causou foi enorme. Con 7.800 mortos e casi 16.500 feridos(ademáis de innumerables estragos materiais e reliquias culturais), a día de hoxe a normalidade aínda non foi recuperada.

Ver: Máis información.


Deja un comentario

Nacemento fóra de Andalucía dos primeiros linces en liberdade en décadas.

A extinción do lince ibérico é algo preocupante. Dende os últimos anos a recuperación estancouse, mais esta noticia dou lugar novamente á esperanza.

Naceron dúas crias de lince en liberdade en Extremadura por primeira vez dende que o felino desaparecera desta rexión.»Fai décadas que non nacía unha cría en liberdade fora de Andalucía», recoñece Miguel Ángel Simón, director do plan para a conservación do lince (Life-Iberlince).

A nai destos dous cachorros é Kodiac, unha femia liberada fai  só 10 meses no Valle de Matachel (Badajoz) e da cal non se esperaba que se reproducira tan rápidamente debido á súa curta idade.


Deja un comentario

A literatura de ficción xera empatía.

Onte celebrouse o día do libro, e con este motivo, publicouse esta interesante nova sobre a literatura.

Raymond Mar e Keith Oatley, psicólogos cognitivos, dixeron recentemente esta frase: «A literatura foi en xeral ignorada polos investigadores, porque a súa función parecía ser únicamente a de entreter. Pero en realidade ten un propósito más importante: simula situacións que nos permiten entender aos outros (e a nós mesmos), algo que aumenta a nósa capacidade de empatía».

Varios experimentos sorprenderon ao público. Os científicos utilizaron técnicas de neuroimaxe, métodos que permiten descubrir aquelas zonas do cerebro que máis traballan nun determinado momento. Mandaron ler aos voluntarios libros como: “el chico golpeó al balón”, as áreas que máis se activaban eran as que traballan xusto antes de que fagamos algún tipo de movemento e cando lían palabras relacionadas coa comida, as áreas que se activaban eran as relacionadas co olfato.


Deja un comentario

Cambio climático en España.

Estamos rodeados de noticias que nos advirten sobre o cambio climático, mais usualmente non cremos que nos vaia afectar directamente. Estes días apareceu unha nova noticia que afirmaba unha posibilidade de acercamento do clima de España para o ano 2050 ao clima de Marrocos. Sería un aumento de ata 5ºC de seguir así o ritmo de emisión de gases invernadoiros. Ultimamente falouse moito dos desacordos entre países para frear dito fenómeno, mais a cuestión é que non se está logrando nada ao fin e ao cabo.

As consecuencias directas do cambio climático en España serían principalmente: cambios na migración das aves debido a uns invernos máis cálidos, pérdida de cultivos que se secan, incremento dos desastres naturales ou aparición de especies invasoras más habituais de climas tropicales, entre outras.


Deja un comentario

Ilusións que alivian a dor.

O nivel de dor que sentimos ao someternos a determinadas experiencias que a producen pode ser reducido grazas a intentar variar as posicións do lugar afectado no nóso corpo. Por exemplo: tocar instintivamente unha zona golpeada coa man, reduce a percepción de dor.

Segundo a investigación, non so é unha percepción subxectiva, pois os investigadores afirman que o cambio de postura permite lograr que o cerebro teña unha visión máis real do causante da dor e responder á intensidade que deba darlle.

É moi coñecida a chamada »Ilusión da parrilla térmica».